Festa de Rosalía

Centro: IES Chano Piñeiro (Forcarei, Pontevedra)
Curso: 2018-2019

Para conmemorar o Día de Rosalía, o EDLG organizou para toda a comunidade educativa do IES Chano Piñeiro unha auténtica festa, con baile e música, tanto gravada como en directo. Reproducíronse vídeos de cantantes ou grupos que musicaron poemas da autora, rapazas e rapaces de todos os cursos recitaron poemas de Cantares gallegos e de Follas novas e un profesor interpretou as súas letras en directo.

Enlaces relacionados