Manteis para a hostalaría vilagarciá

Centro: IES Castro Alobre, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Curso: 2019/2020

Esta actividade foi realizada entre o Concello de Vilagarcía de Arousa e o EDLG do IES Castro Alobre. O alumnado do instituto elaborou carteis (un deseño gráfico cun lema ou frase que anima a usar o galego) que se converteron en manteis para os bares e restaurantes de Vilagarcía. Amais, as autoras e autores, canda outros alumnos e alumnas, explicaron nos locais o obxectivo da actividade e deixaron, de balde, de 200 a 300 manteis.

Enlaces relacionados