III Certame de micropoesía Beatriz da Serra

Centro: IES Escolas Proval, Nigrán; IES Plurilingüe Terra de Turonio, Gondomar; IES Primeiro de Marzo, Baiona; CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro, Gondomar; CEIP Carlos Casares, Nigrán; CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios, Nigrán (Pontevedra)
Curso: 2022-2023

Co obxectivo de que abrolle o potencial poético do alumnado, os EDLG de varios centros do Val Miñor, en colaboración cos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, organizan a terceira edición do Certame de poesía Beatriz da Serra, en homenaxe a esta baionesa que nunha das peores épocas para a nosa lingua escribiu as súas cartas para o conde de Gondomar en galego.

O prazo de envío das composicións remata o 17 de maio.

Enlaces relacionados