Experimentos terroríficos e podcast 'Que é a ciencia?'

Centro: CEIP Manuel Murguía, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024

No blog da Biblioteca do CEIP Manuel Murguía da Coruña atopamos distintos experimentos terroríficos de temática científica: A cabaza maldita, Serpes mutantes etc.

Alén de ver estes vídeos incluídos no proxecto Descubrindo a ciencia, na radio do centro tamén podemos escoitar un podcast no que nenas e nenos de distintos niveis van explicando o que significa para elas e para eles a palabra ciencia.