Exposición 8M: Personaxes femininas da banda deseñada e da ilustración

Centro: IES Monte das Moas, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024

Un ano máis o IES Monte das Moas da Coruña agasállanos con esta compilación de figuras femininas destacadas. Nesta ocasión, o traballo xira arredor de personaxes ficticias ou reais, que se converteron en protagonistas de cómic. Alén dunha homenaxe ás mulleres deste ámbito, a exposición servirá tamén para conmemorar, o vindeiro 17 de marzo, o Día da Banda Deseñada.

Enlaces relacionados