Polos creativos no CEIP Sequelo

Centro: CEIP Sequelo, Marín (Pontevedra)
Curso: 2024-2025

O CEIP Sequelo é un excelente exemplo da dinamización lingüística a través das enormes posibilidades científicas, tecnolóxicas e lúdicas que lles ofrece aos centros o programa Polos Creativos. O alumnado fabrica chapas con fermosas palabras, explícanos a utilidade de aparatos como o multímetro, crea un xogo interactivo de Ciencias Naturais ou pídelle á intelixencia artificial que deseñe carteis de faros galegos seguindo a descrición do que queren, entre outras atractivas actividades que podemos ver na páxina web do colexio.