Actividade sobre Albert Einstein e Mileva Marić

Centro: IES de Mos, Mos (Pontevedra)
Curso: 2023-2024

Para celebraren o mes da ciencia en galego, no IES de Mos, Ismael Pato e Rita Lago de 4º de ESO crearon un vídeo sobre a vida de Einstein e, a partir del, o EDLG deseñou un xogo de cartas cunha liña do tempo. Como complemento tamén se ofreceu información sobre Mileva Marić, a dona do científico, convidando o alumnado de 1º ESO a escribir unha carta póndose no lugar dela, na que debían reflexionar sobre o seu papel invisible na Teoría da Relatividade e o trato recibido por parte do Premio Nobel.

Podedes ver o desenvolvemento desta interesante actividade no blog do equipo e empregar o material que nos fornecen.

Documentos relacionados

Enlaces relacionados