Un guión de cinema

Centro: IES Agra do Orzán, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2023-2024
Un guión de cinema é o título da curta gañadora do premio Blanco Amor ao mellor guión outorgado no XV Certame Ouff Escola de Ourense, un concurso convocado polo Concello de Ourense, coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, para promover o audiovisual en galego nos centros escolares. A peza, protagonizada por alumnado do IES Agra do Orzán da Coruña e dirixida pola profesora Teresa Méndez, enmárcase dentro do programa Cinema na escola no que participou este centro o curso pasado. Parabéns polo traballo e grazas por compartilo!

Enlaces relacionados