Un Nadal en branco e negro (aguinaldo)

Centro: IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2024-2025

O IES Plurilingüe Eusebio da Guarda felicítanos as festas con este aguinaldo recollido en Nocelo (Castrelo de Val) e incluído no Cancioneiro gallego de Eduardo Martínez Torner e Jesús Val y Gay. A escolla da composición popular para esta postal supón tamén un recoñecemento a todas as persoas que nos transmitiron a poesía de tradición oral, a quen a RAG homenaxeará o Día das Letras Galegas 2025. Felices festas e parabéns a Carolina polo seu traballo!

Enlaces relacionados