Calendario 2025 "Un ano de cine... Galego"

Centro: CEIP Cabada Vázquez, A Estrada (Pontevedra)
Curso: 2024-2025

No artístico almanaque do 2025 co que nos agasalla o CEIP Cabada Vázquez, cada mes é unha homenaxe a un filme galego, acorde co PDI sobre cinema que o colexio está a desenvolver. Este marabilloso traballo, que enxalza a nosa cultura, correu integramente a cargo do alumnado: dende as laboriosas láminas, realizadas coa técnica do puntillismo, que reproducen as portadas das películas, ata a breve ficha informativa que acompaña a cada unha e a montaxe final realizada coa aplicación CANVA.

Enlaces relacionados