75 anos sen Castelao: voz, arte e legado

Centro: CEIP Plurilingüe A Ramallosa, Teo (A Coruña)
Curso: 2024-2025

O pasado 13 de febreiro celebrouse dun xeito moi emotivo no CEIP Plurilingüe da Ramallosa de Teo. Samuel, Lía e Enzo, alumnos de 6º, aproveitaron a celebración do Día Mundial da Radio para conmemorar o 75º aniversario do falecemento de Castelao, cun programa monográfico de Radio Ramalloseiros. Alén da colaboración habitual de Óscar, o coordinador do EDLG, acompañounos Xavier, tamén profesor do centro, quen enxalzou a figura do autor rianxeiro e contou unha anécdota sobre unha das súas obras máis emblemáticas, Sempre en Galiza.