aRi[t]mar galiza e portugal

Centro: EOI Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2024-2025

Logo de rematar o prazo para seleccionar as mellores cancións galegas e portuguesas do ano 2024 propostas na primeira fase deste concurso, xa coñecemos as pezas gañadoras. Así, o público participante nas votacións decidiu que Quererse ben, de Mondra, fose elixida Mellor Música do Ano 2024 en Galicia, e Amor de ferro, de Diogo Piçarra e Pedro Abrunhosa, Mellor Música do Ano 2024 de Portugal. A segunda e terceira cancións máis votadas na categoría galega foron, respectivamente, Barullo, de Baiuca, en colaboración con Felisa Segade, e O noso tempo, de Hugo Guezeta. Na categoría lusa, a segunda e terceira cancións máis votadas foron Menina estás á janela, de D.A.M.A. en colaboración con Vitorino, Buba Espinho e Bandidos do Cantey; e Deixou-me a mala no comboio, de Bárbara Tinoco en colaboración con Rosinha.

Enlaces relacionados