Volver

Xornada do Día das Letras Galegas. Francisco Fernández del Riego

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), organiza a IX Xornada do Día das Letras Galegas, que terá como protagonista o autor homenaxeado este ano pola Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego.

As sesións formativas da IX Xornada do Día das Letras Galegas desenvolveranse nas tardes do 20 e 27 de abril e 4 de maio, de 17:30 a 20:30 h no salón de actos do Pazo de San Roque (San Roque, 2, Santiago de Compostela). Pódese asistir de forma presencial ou ben a través de videoconferencia.

A xornada tratará de achegarlle a figura de Francisco Fernández del Riego ao profesorado encargado de divulgar a súa obra entre o resto da comunidade educativa, a través de conferencias de especialistas e mais das experiencias de traballo dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) de diversos centros educativos. Alén diso, favorecerase o intercambio de materiais e recursos creados polos EDLG.

Na primeira parte de cada sesión, intervirán especialistas e coñecedores da vida e da obra do escritor laurentino: Víctor F. Freixanes (presidente da Real Academia Galega), Malores Villanueva (IES Álvaro Cunqueiro de Vigo), Armando Requeixo (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades), Ramón Nicolás (IES Castelao de Vigo), Héctor Cajaraville (IES A Pontepedriña de Santiago de Compostela), Patricia Arias Chachero (IES de Sar de Santiago de Compostela), Amancio Liñares (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades) etc. A continuación, na segunda metade, participarán os centros gañadores do Concurso-exposición das Letras galegas nas categorías A e B, que presentarán as exposicións e as guías didácticas premiadas e outros materiais, e tamén poderemos coñecer un amplo abano de experiencias educativas de centros que traballaron sobre o autor homenaxeado.

O profesorado interesado en participar pódese inscribir ata o 19 de abril de 2023 na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/.

Código en fprofe para a inscrición: G2202133

Datas: 20 e 27 de abril e 4 de maio

Horario: de 17:30 a 20:30 h

Lugar: presencial no salón de actos do Pazo de San Roque (San Roque, 2, Santiago de Compostela) ou virtual por videoconferencia