Volver

Premios aRi(t)mar Galiza e Portugal

Centro: EOI de Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2017 - 2018
  • Conmemoración: 90 anos de De catro a catro

    Conmemoración: 90 anos de De catro a catro

Xa coñecemos os gañadores deste singular certame promovido polo EDLG da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, en colaboración coas secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, para difundir a poesía e a música editadas en Galicia e en Portugal cada ano.

O premio ao mellor tema musical publicado en Galiza é para A banda da Loba con "Bailando as rúas" e o galardón para o mellor tema musical publicado en Portugal en 2017 é para Salvador e Luísa Sobral, con "Amar pelos dois". Estes premios, xunto cos de poesía, entregaránselles a artistas e poetas gañadores na Gala aRi[t]mar 2018.