Volver

Convocatoria do Plan Proxecta (curso 2024-2025)

Resolución do 27 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso 2024/25.

Neste curso escolar ofrécense 45 programas educativos, que se poden consultar na web de Proxecta+. Os centros de ensino teñen de prazo ata o 15 de xullo para formalizaren a solicitude a través da aplicación de Plan Proxecta+.

No marco deste plan, a Secretaría Xeral da Lingua promove catro programas específicos: Nós tamén creamos!, Proxectos de innovación en dinamización lingüística, Proxecto didáctico Antonio Fraguas e Fitofaladoiro. Para informarse sobre a organización e a xestión do Plan Proxecta+, pódese contactar co persoal asesor do Plan Proxecta nos teléfonos 881 996 395 / 881 997 498 ou no correo planproxecta@edu.xunta.es.

As dúbidas relacionadas con cada programa en concreto resolveranse coas persoas responsables que aparecen na correspondente ficha técnica.