Volver

Ciencia na casa: extracción de pigmentos vexetais

Centro: IES Taboada Chivite, Verín (Ourense)
Curso: 2019/2020

Aínda que estamos vivindo un momento especial, e Judith García, alumna de 1.º de bacharelato do IES Taboada Chivite, demóstranos que tamén nestes días se pode facer ciencia na casa. Velaquí o exhaustivo traballo que fixo para darnos a coñecer os pigmentos fotosintéticos en diferentes tipos de follas.