Volver

Calendario de mesa

Centro: CEIP A Ponte, Ourense (Ourense)
Curso: 2020/2021
O EDLG e o Equipo de Biblioteca Escolar, coa súa mascota Pontiña, puxeron en marcha unha nova edición do concurso dirixido a todo o alumnado para elaborar o calendario e que este ano ten como finalidade conmemorar os 50 anos do Cineclub Padre Feijóo e os 25 do Festival de cinema OUFF. Velaquí o fermoso resultado cos debuxos e textos que acompañarán cada mes deste atípico curso escolar no novo calendario.