Volver

Ciencia na casa: disección dun zanco de polo e maquetas comestibles de células eucariotas

Centro: IES Taboada Chivite, Verín (Ourense)
Curso: 2019/2020

Neste centro ourensán móstrannos cada ano que é posible facer ciencia en galego. Nesta ocasión, dúas alumnas de bacharelato explícannos desde a casa como realizarmos a disección dun coxote de polo, para estudarmos os seus ósos, músculos e tendóns, a través dunha presentación e dun vídeo; e tamén podemos ver as maquetas de células eucariotas animais que creou o alumnado da ESO utilizando materiais comestibles que se poden atopar na casa: xelatina, lambetadas, pasta, legumes, pizza, froitas etc.