Volver

Rus entre planetas (videografías)

Centro: CEIP Canosa - Rus, Coristanco (A Coruña)
Curso: 2020/2021

Rus entre planetas é un ambicioso proxecto que xorde do interese do alumnado do CEIP Canosa - Rus de Coristanco por coñecer en maior profundidade o noso sistema solar. Logo das investigacións iniciadas en cursos anteriores, nenas e nenos de distintos niveis móstrannos, a través destas instrutivas presentacións, as características fundamentais dos astros e os planetas que compoñen a nosa galaxia.