Volver

Entrevista a Rosalía de Castro

Centro: CEIP Seara, Moaña (Pontevedra)
Curso: 2022 - 2023

No colexio Seara, de Moaña, quixeron conmemorar o Día de Rosalía nada menos que facéndolle unha "entrevista" moi ilustrativa á nosa autora máis representativa sobre a súa vida, obra e época. Podédela escoitar neste podcast da radio Seara. Ademais, o festexo completouse con estupendos murais, recitados de poemas ou presentacións do alumnado maior para o máis miúdo.