Volver

Día de Rosalía, 23 de febreiro

Centro: CEIPP Bragade, Oza-Cesuras, CEIP R. Otero Pedrayo, A Laracha, CEIPP Manuel Murguía, CEIPP Ramón de la Sagra, CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIP Salgado Torres e CEIP Juan Fernández Latorre, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024

Xa está á disposición de todo o profesorado este excelente material didáctico sobre Rosalía de Castro elaborado por docentes dos CEIPP Bragade, CEIP R. Otero Pedrayo, CEIPP Manuel Murguía, CEIPP Ramón de la Sagra, CEIP E. Pardo Bazán, CEIP Salgado Torres e CEIP J. Fernández Latorre. O traballo inclúe, entre outros contidos, un cartel en tamaño A4, exercicios de comprensión lectora e unha ampla variedade de actividades lúdicas (encrucillado, labirinto, quebracabezas...) moi útiles para celebrar o 23 de febreiro e dar a coñecer a figura e o legado da nosa ilustre poetisa entre o alumnado de infantil e primaria.