Volver

"O moucho", de Rosalía de Castro

Centro: CEIP Mestre Valverde Mayo, Mos (Pontevedra)
Curso: 2022 - 2023

O colexio Mestre Valverde Mayo escolleu o poema O moucho de Rosalía para conmemorar o seu día, o 23 de febreiro. Con estes versos realizaron unha actividade plástica colaborativa entre todo o alumnado e aproveitaron para traballar o tema do medo. Como podedes ver no vídeo, ao final, coa axuda da profesora de Música, cantaron o retrouso cunha melodía tan alegre e divertida que xa non quedou lugar para ningún temor.