Volver

Festival musical-poético. Día de Rosalía

Centro: IES Pino Manso, IES Ribeira do Louro, CPR Santo Tomás e CPR Hermanos Quiroga, O Porriño (Pontevedra)
Curso: 2022 - 2023

No blog do IES Pino Manso podemos ver un resumo da grande homenaxe que lle fixeron a Rosalía de Castro, ao longo de dous días. Na primeira xornada, despois de ambientar o "escenario", que incluía ata un photocall, o alumnado deste centro, debidamente caracterizado con vestiario da época da autora, recitou e interpretou poemas seus. A segunda xeira foi posible grazas ao intenso labor de deseño e coordinación dos EDLG de secundaria do Porriño, mais a colaboración do concello, e consistiu nunha gran festa na praza que contou con actuacións de cada centro, regueifas, performances... E, para rematar, a degustación dun gorentoso caldo de Gloria.