Volver

Recital poético-musical do Día de Rosalía

Centro: CEIP Plurilingüe Carballal, Marín (Pontevedra)
Curso: 2023 - 2024

Unha vez máis, o profesor de música e membro do EDLG do CEIP Carballal elabora e grava unha emotiva cantiga, nesta ocasión coa letra do poema "Tecín soia a miña tea", para que o alumnado a interprete no acto do 23 de febreiro en homenaxe á súa autora, Rosalía de Castro.

No segundo vídeo quedou rexistrado como cantaron esta canción no colexio na homenaxe a Rosalía, ademais de recitaren poemas da autora.