Volver

«Miña casiña, meu lar» (Follas novas)

Centro: CPR Fogar de Santa Margarida, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024

O CPR Fogar de Santa Margarida da Coruña comparte coa comunidade docente o seu fermoso traballo sobre o poema «Miña casiña, meu lar», da obra Follas novas de Rosalía de Castro. Alén do emotivo recitado do alumnado e as súas familias, o vídeo tamén nos mostra unha sucesión de imaxes que nos serven para ir seguindo a historia da protagonista destes versos.