Volver

As orixes do galego

Centro: CEE María Mariño, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024

Coincidindo coa conmemoración do Día da Lingua Materna, o EDLG do CEE María Mariño da Coruña comparte con nós estes instrutivos vídeos sobre as orixes e a evolución do galego-portugués. Os audiovisuais graváronse no marco do Proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística que se desenvolve neste colexio en colaboración con outras entidades como o Centro de día de Mondego.

Parabéns aos protagonistas e á profesora Belén Pereiro Rozas polo traballo!