Volver

Glosario, pregón e outras actividades do Entroido

Centro: CEIP Mestre Valverde Mayo, Mos (Pontevedra)
Curso: 2022 - 2023

O EDLG do Mestre Valverde Mayo sempre se esforza en preparar a festa do Entroido no colexio, á que non lle falta detalle, e que dedican cada ano a unha zona diferente de Galicia para coñecer as súas particulares celebracións. Desta vez comezaron por elaborar un mural cun glosario dalgunhas palabras propias destas datas e seguiron co pregón que realizan as personaxes de Gale e Gala, dinamizadoras de todas as actividades do equipo. Por suposto, non faltaron as comandas, os disfraces, as larpeiradas típicas elaboradas en familia, as reivindicacións, o desfile pola vila e, sobre todo, a troula!