Vídeos gañadores Nós tamén creamos! 2023/2024
Resolución dos premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos! 2023-2024
Resolución da XII edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!, da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e OQO Editora.
A Comisión de Selección, logo de avaliar as curtas presentadas á XII edición de Nós tamén creamos!, resolveu outorgar os seguintes galardóns:
Categoría 1: 2º ciclo de educación infantil
1º Premio: Caracola, da EEI do Vao, de Poio (Pontevedra). Ver vídeo: ligazón
Accésit: Quen levou o pemento de Padrón, das EEI da Escravitude, Pontecesures, Arretén e Extramundi de Arriba, Padrón (A Coruña). Ver vídeo: ligazón
Categoría 2: 1º e 2º de educación primaria
1º Premio: Quen levou a Lúa?, do CEIP Carlos Casares, de Nigrán (Pontevedra). Ver vídeo: ligazón
Categoría 3: 3º e 4º de educación primaria
1º Premio: Quen levou a Lúa?, do CEIP Igrexa-Calo, de Teo (A Coruña). Ver vídeo: ligazón
Accésit: Chocolata, do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, do Barco de Valdeorras (Ourense). Ver vídeo: ligazón
Categoría 4: 5º e 6º de educación primaria
1º Premio: O que ten que aprender un cempés, do CEIP Viñagrande-Deiro, de Vilanova de Arousa (Pontevedra). Ver vídeo: ligazón
Accésit: A sopa queima, do CEIP Ramón Otero Pedrayo, da Laracha (A Coruña). Ver vídeo: ligazón
Curtas baseadas en libros
Nesta edición, as curtas deben basearse nalgún dos seguintes libros en galego de OQO editora, que se lles envían aos centros educativos participantes no certame e no programa:
Caracol e Caracola. Autor: Armando Quintero. Ilustrador: André Letria
Chocolata. Autora: Marisa Núñez. Ilustradora: Helga Bansch
Fiz, o coleccionista de medos. Autora: Fina Casalderrey. Ilustradora: Teresa Lima
O que ten que aprender un cempés que queira ser sabio como Perico. Autora: Mercedes Carrión. Ilustradora: Francesca Chessa
Quen levou a Lúa? Autor: Mario Catelli. Ilustradora: Madalena Matoso
O galo que puxo un ovo. Autor: Indy García. Ilustradora: Laura Tova
Jack e a Morte. Autor: Tim Bowley. Ilustradora: Natalie Pudalov
A sesta dos enormes. Autor: Pep Bruno. Ilustradora: Natalie Pudalov
A colleita de ratiño. Autora: Leticia R. Gancedo. Ilustradora: Mar Ferrero
Corazón de oso. Autor: Armando Quintero. Ilustradora: Laura Von Husen
Oso e mais eu. Autora: Esther Peces. Ilustradora: Esther Peces.
Convocatoria
A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convocan os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2023/2024.
Premios:
Establécense catro categorías, con cadanseu premio:
- Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil
- Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria
- Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria
- Categoría 4: destinada a curtas realizadas con alumnado de quinto e sexto de educación primaria
Ademais, poderá concederse, a xuízo da Comisión de Selección, un accésit para cada categoría.
O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante. De ser o caso, o profesorado que participe nas curtas recoñecidas cun accésit recibirá unha certificación de Accésit.
Os colexios recibirán, ademais dun lote de libros, un contrasinal de acceso á Plataforma OQO de contidos dixitais en galego, para poderen acceder aos álbums ilustrados sen necesidade de manipulalos, durante o curso 2023-2024.
Os centros públicos admitidos no programa Nós tamén creamos! no marco do Plan Proxecta+ quedarán inscritos de oficio no certame. Para os demais centros de titularidade pública, o prazo de presentación das solicitudes a través da sede electrónica da Xunta de Galicia rematará o día 1 de febreiro de 2024. A data límite de envío das curtametraxes será o 30 de maio de 2024.