Listaxe musical para o Día Internacional da Música
Centro: CEIP Vicente Risco, Vigo (Pontevedra)
Curso: 2025-2026
Curso: 2025-2026
Unha listaxe de reprodución de música en galego que realizaron de xeito colaborativo os EDLG do CEIP Vicente Risco e dos IES República Oriental do Uruguai e Rosais II, á que podemos acceder cun código QR, para que nos acompañe onde queiramos e non só neste vindeiro 22 de novembro, Día Internacional da Música.
O obxectivo é promover entre o alumnado a escoita de grupos novos que están a dinamizar a nosa lingua e o panorama musical galego.