Premios do XII Concurso Novos Talentos de Relato Curto
O Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto é unha iniciativa da Fundación Coca-Cola que conta coa colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Busca promover o desenvolvemento da expresión escrita e a lectura en lingua galega entre o alumnado de 2º da ESO, mais tamén quere ser unha oportunidade para darlles visibilidade social ás novas promesas da literatura galega.
En 2020, o certame foi aprazado por causa da pandemia. Finalmente, o XII Concurso de Novos Talentos de Relato Curto puido desenvolverse no curso 2020-2021, a través dunha plataforma dixital para evitar riscos. Nesta ocasión permitiuse tamén a participación de alumnado de 3º da ESO, que non tivera a oportunidade de presentarse o ano anterior.
Nesta edición, como novidade, déuselle voz ao alumnado na elaboración do estímulo creativo, unha descrición que serviría de base para a creación dos relatos do concurso e que foi elixida entre as máis de 300 presentadas a un minicertame realizado no mes de xaneiro. A descrición seleccionada foi "O veciño” do ES Ramón Menéndez Pidal da Coruña. Como premio, Coca-Cola organizou unha actuación en exclusiva do ilusionista David Maestro no centro.
No mes de marzo realizouse a proba de escrita. Logo do proceso de selección, o xurado elixiu os seguintes gañadores /as provinciais:
| Gañadores/as provinciais | |
| A Coruña | 1º Flavia Lago Bello. CPR Plurilingüe Montespiño. Culleredo 1º Antón Pose Baliña. CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo. Cee 2º Adriana Vilar Figueira. CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo. Cee 3º Claudia Lema Rial. IES Maximino Romero de Lema. Baio |
| Lugo | 1º Isabel Miragaya Dorado. CPR Plurilingüe Padres Franciscanos. Lugo 2º Sara Pico López. IES Muralla Romana. Lugo 3º Adriana Fernández Pazó. IES Leiras Pulpeiro. Lugo |
| Pontevedra | 1º Mario Alonso Estévez. CPR Plurilingüe Padres Somascos. A Guarda 1º Alba Sobreira García. CPR Plurilingüe Vigo. Redondela 2º Alba Pérez Lago. IES Pedro Floriani. Redondela 3º Nerea Cores García IES Luís Seoane Pontevedra |
| Ourense | 1º Uxía Rodríguez Pérez. CPR Plurilingüe San José (Josefinas). Ourense 2º Eva Fernández Díaz. IES O Couto. Ourense 3º Pablo Losada Lama. CPR Plurilingüe Santa María (Maristas). Ourense |
O Premio Autonómico de Galego da XII edición do Concurso de Novos Talentos de Relato Curto correspondeulle a Flavia Lago Bello, do CPR Plurilingüe Montespiño, Culleredo - A Coruña polo relato "Xadrez".
No marco da iniciativa tamén se realizou a Xornada Aulas dixitais, o 4 e o 5 de febreiro de 2021, con dous obradoiros en liña de formación do profesorado. No primeiro, o escritor Mario Regueira compartiu as estratexias da narrativa nos últimos cincuenta anos e trasladoulle ao profesorado asistente estratexias para facer os textos máis atractivos, lúdicos e capaces de mesturarse con outros xéneros e eidos artísticos. O segundo correu a cargo da escritora e xornalista Rosa Aneiros, que realizou a súa intervención a través de contidos centrados na estimulación lectora e creativa do alumnado e baseados na súa propia experiencia literaria.