Maio 2023. Cantando na Ferraría
Centro: CEP Campolongo, Pontevedra (Pontevedra)
Curso: 2022-2023
Curso: 2022-2023
Este ano, a conmemoración da tradicional festa dos Maios deulle pé ao CEP de Campolongo para repasaren os 50 anos da súa historia nas letras das coplas. Despois realizou un concurso para elixir o deseño da camisola que levaría o alumnado, recolleu as plantas para elaborar o Maio e, por último, presentou todo este inxente traballo na praza da Ferraría.
A merecida recompensa foron os tres premios que obtivo nas distintas categorías. Parabéns!