Volver

Castañas con amor

Centro: CEIP Plurilingüe do Carballal, Marín (Pontevedra)
Curso: 2023 - 2024

Para festexarmos o Magosto, o alumnado do CEIP Plurilingüe do Carballal recreou e interpretou "Castañas con amor", unha canción inspirada nunha coñecida peza de Nino Bravo que foi composta o ano da fundación deste colexio, hai xa 50 anos.

No blog do EDLG temos a letra e mais o videoclip da canción, co resumo de todas as actividades das que gozaron nesta celebración: castañas, chourizos, xogos populares, manualidades, música en galego e refráns de outono.