Volver

Brincaletras de termos climáticos "Xa sabes o que é unha DINA?"

Centro: CEP Campolongo, Pontevedra (Pontevedra)
Curso: 2024-2025

Un xogo interactivo do EDLG do CEP Campolongo que nos reta a aprendermos e empregar correctamente todo tipo de léxico sobre o clima, dende refráns e construcións verbais ata aparellos para medir os fenómenos meteorolóxicos e os nomes que se lles dan a estes.

Unha boa ferramenta lúdica que nos pode axudar a darlle respostas ao noso alumnado, sen dúbida sensibilizado ante as consecuencias da DINA en Valencia.