Lenda de Montelongo (zarzuela)
Centro: CMUS Profesional, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2024-2025
Curso: 2024-2025
O vindeiro venres 13 de decembro, ás 17.30 h, representarase no Auditorio do CMUS da Coruña A lenda de Montelongo, unha zarzuela galega composta sobre o libreto de Manuel Rey Posse e Juan Buhigas Olavarrieta con música de Bernardo del Río. A Banda do Conservatorio Profesional de Música, dirixida polo profesor Nilo Jesús García Armas, será a responsable da interpretación musical. A dirección e coordinación de escena correrá a cargo de María José Ladra.
O programa inclúe un glosario galego-castelán referido ao léxico da obra.