Volver

Rap de Rosalía polo 8M

Centro: CEIP Ramón Otero Pedrayo, Amoeiro (Ourense)
Curso: 2024-2025

Con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o alumnado do CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro desenvolveu unha iniciativa creativa e innovadora: converter o poema «Tecín soia a miña tea» nun rap. A actividade, que combina literatura e música urbana, pretende achegar a obra de Rosalía ás novas xeracións dun xeito dinámico e próximo á súa realidade. A elección do poema quere vincular esta celebración coa do 8M e destacar a faceta de muller traballadora de Rosalía.