Volver

Samaín 2025. Un ollo de vidro

Centro: IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2025-2026

O EDLG do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda comparte con nós esta nova homenaxe a Castelao, o autor da obra Un ollo de vidro, con motivo da celebración do Samaín. As instalacións deste instituto coruñés acollen unha vistosa mostra de carteis sobre as orixes do Samaín, os costumes e tradicións destas datas, así como debuxos dos seres mitolóxicos galegos máis populares.