Volver

Axenda escolar

Centro: CEIP de Ardán, Marín (Pontevedra)
Curso: 2025-2026

Un elaborado recurso do CEIP de Ardán para organizar ben o curso escolar, con consellos non só de técnicas de estudo e traballo, senón tamén de convivencia, por exemplo. Pero alén diso, como están a traballar a contorna do centro, inclúen fermosas imaxes do seu patrimonio etnográfico, das paisaxes e de edificios emblemáticos do concello e realizan ademais unha exaltación da toponimia propia.

Para completar o traballo, adiántannos unha pequena información sobre Begoña Caamaño, a autora á que se lle dedicarán as Letras Galegas do 2026.