Volver

Karaoke de Nadal "Nós imos papar"

Centro: CEIP do Carballal, Marín (Pontevedra)
Curso: 2025-2026

O alumnado de 4º de primaria do CEIP do Carballal, na materia de Proxecto Competencial, compuxo unha divertida panxoliña a partir dun coñecido éxito de José Feliciano, que nos agasallan en formato karaoke. Aproveitando que este curso o colexio ten unha nova cociña e dedica o seu PDI á arte culinaria, neste tema "Nós imos papar" exaltan os produtos locais e fomentan a comida saudable tamén para estas festas.