Guía de lectura "Sementando letras, recollendo historias"
Centro: Coordinadora de equipos de dinamización lingüística do Morrazo
Curso: 2025-2026
Curso: 2025-2026
Como xa é unha tradición do último día antes das vacacións do Nadal, o alumnado do Morrazo leva para a casa o coidado tríptico, coas recomendacións lectoras que, con tanto agarimo, prepara a coordinadora dos EDLG desta comarca. Mais tamén está subido ás webs escolares, por exemplo a esta do CEIP do Hío, da que vos poñemos a ligazón por se a queredes compartir vós tamén coas familias.
Este ano, ademais da fermosa ilustración, do suxestivo título e da escollida cita de Castelao, inclúen este dinamizador convite: "Agasalla galego, é a túa lingua".