Volver

Nadal no CEIP Vicente Arias de la Maza

Centro: CEIP Vicente Arias de la Maza, Lalín (Pontevedra)
Curso: 2025-2026

O EDLG do CEIP Vicente Arias de la Maza (CEIP de Vilatuxe) comparte con nós as marabillosas actividades que promoveron para festexar o Nadal entre as que destacan unha compilación de panxoliñas en galego; un vídeo no que os alumnos e alumnas falan dalgunhas tradicións galegas destas datas como o tizón de Nadal ou os ranchos de Reis e, por último, unha divertida e espectacular animación das postais que realizou o alumnado, feita coa intelixencia artificial.