Volver

Versos desde Begoña - Concurso de Poesía Escurecida

Centro: IES San Clemente, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2025-2026

Con motivo da celebración do vindeiro Día das Letras Galegas dedicado a Begoña Caamaño, o EDLG do IES San Clemente convoca o Concurso de Poesía Escurecida, un singular certame literario no que se crean textos segundo a técnica da poesía escura (blackout poetry).

As persoas interesadas teñen que escoller unha páxina de Circe ou o pracer do azul ou Morgana en Esmelle e ir riscándoa de xeito que só fiquen ao descuberto as palabras que conformen un novo texto poético, a partir da narración orixinal.

Poden participar estudantes de secundaria de calquera lugar do mundo. O prazo para presentar os traballos remata o 29 de xaneiro. Deben remitirse en formato dixital a: edlg@iessanclemente.net.