Volver

FALAREDES 2023

Cubo

  • Cubo. Detalle do cartel

    Cubo. Detalle do cartel

Espectáculo teatral de fantasía, humor e poesía dirixida a público infantil e familiar que evoca a amizade, as separacións, a necesidade de coñecemento e a aventura de medrar desde a igualdade, rompendo os arquetipos de xénero.

Nun misterioso CUBO, dúas persoas moi diferentes son quen de vivir en harmonía. Ela é curiosa e decidida, el é tenro e vulnerable. Xogan, divírtense e rin, pero un día ela decide ir máis aló, quere viaxar en busca de novas preguntas e descubrir o mundo enteiro. El está contento coas súas respostas, séntese cómodo, seguro, e non quere máis que balancearse eternamente no bambán do seu CUBO. Sempre conseguiron poñerse de acordo pero esta vez semella moi complicado. Que solución atoparán?

Axenda de FalaRedes 2023. Cubo
Data e hora Lugar Concello Provincia
30 de xuño, ás 18:00 hCSC Santa MartaSantiago de CompostelaA Coruña
1 de setembro, ás 19:30 hAuditorio Municipal Xosé Manuel PazosCangasPontevedra
2 de setembro, ás 19:00 hAula de Cultura Xulio CunsBetanzosA Coruña
3 de setembro, ás 18:00 hCasa da CulturaBurelaLugo
20 de setembro, ás 19:00 hSalón Teatro do Auditorio MunicipalLalínPontevedra
21 de setembro, ás 19:00 hTeatro JofreFerrolA Coruña
23 de setembro, ás 18:30 hTeatro Coliseo NoelaNoiaA Coruña
24 de setembro, ás 18:00 hAuditorio Manuel MaríaO CarballiñoOurense