Volver

#ACULTURASEGUE

Museo a ceo aberto. O Cable Inglés Sociedade Cooperativa Galega

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Serie documental centrada na arte urbana galega, que está conseguindo xerar auténticas transformacións da paisaxe, paliar o feísmo, atraer turismo e ofrecerlle á cidadanía auténticos museos ao aire libre.

A serie consta de 7 capítulos máis un vídeo-resumo. Neles convérsase con artistas e colectivos que promoven eventos de referencia no país e establécese un diálogo entre manifestacións artísticas directamente ligadas á arte urbana.