Un mundo de palabras
Un mundo de palabras é un espazo para a difusión da cultura da palabra, un punto de encontro de diferentes modos creativos orais, de tempos (gravacións actuais e históricas), de persoas (anónimas e de sona, pequenos e grandes), de culturas e mundos (palabras galegas e doutras linguas), de tradición popular e de autor.
Estrutura
Retallos sonoros de natureza diversa fiados con palabras: música cantada, conversa, recitado, diálogos cinematográficos, parrafeo, conto, entrevista, lectura, desafío, etc.
Seccións fixas
- Palabras de fóra a dentro: palabras singulares doutras linguas escollidas e explicadas polos seus falantes.
- E lector: lectura dun fragmento por un lector anónimo.
- Música con palabras: cortes musicais con letras singulares.
- Unha entrevista fantástica: entrevista con personaxes coñecidos de distintos ámbitos da sociedade desenvolvida nun espazo imaxinario.
- Traballadores das palabras: para coñecer as distintas profesións ao redor da investigación lingüística.
- Palabras con carácter: xogos co significante e co significado das palabras.
- Epistolario necesario: cadea de cartas sonoras entre escritores que se regalan as palabras que máis cómpren.
Créditos
- Título: Un mundo de palabras
- Emisora: Radio Galega
- Idea, guión e locución: Edith Pazó
- Realización técnica: Isidro Cea e Chus Silva
- Periodicidade: Semanal
- Duración: 30 minutos
- Franxa horaria: Serán dos sábados, de 21:30 a 22:00
- Público obxectivo: Todos os públicos