Volver

OS AXÓUXERES 2015

Estrelas dormen

  • Estrelas dormen

    Estrelas dormen

Mariña, Mariña,
o sono descansa na túa cariña.
Sen decatarte de nada,
non se adiviña se estás.
Enguedellada nas sabas,
cedo pola mañá.

Coma unha osa,
todo o ano a hibernar,
enleada nas sabas
nin se che acorda almorzar.

Espreguiza, durmiñona,
que a lúa marchou,
as estrelas dormen,
as raparigas non.