OS AXÓUXERES 2015
Entre o mar e esta bañeira
Foi unha mañá de choiva,
foron augas que trouxeron
aventuras tan fermosas.
Facer un amigo peixe
nunha viaxe milagrosa,
nunha viaxe feiticeira
entre o mar e esta bañeira.
Este peixiño pequeno
fóra do mar non vivía,
perdía a cor e a alegría.
Foi levalo de regreso
e libralo de estar preso,
nunca o vira tan contento.
Agora somos amigas,
amizade milagreira
entre o mar e esta bañeira,
entre o mar e esta bañeira
aventuras milagreiras.