FALAREDES 2016
A viaxe de Rosalía
A segunda das actividades de dinamización lingüística de FalaRedes 2016 combina as técnicas da narración oral tradicional coa interpretación actoral, uns fermosísimos monicreques de mesa e mais música para mostrarnos a vida e a personalidade de Rosalía de Castro.
A cabalo entre o Día de Rosalía e o Día da Muller bota a andar un coidadísimo espectáculo de Larratiz Producións Artísticas que nos achega a Rosalía feminista, culta, valente e comprometida que ás veces a súa propia lenda ocultou. É Francisca do Campo, madriña de Rosalía, o personaxe que nos guía a través da traxectoria vital e artística de quen xa é un símbolo da cultura e da lingua galegas.
A viaxe de Rosalía chegará ata principios de maio a 13 concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Cerceda, Curtis, Frades, Padrón, Pontedeume, Santa Comba, Vilamarín, A Lama, Mondariz, Ponteareas e O Rosal.