Volver

#ACULTURASEGUE

Circo Atlántico. Culturactiva S. Coop. Galega

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Serie de oito pezas audiovisuais centradas nos mellores números das diferentes disciplinas do circo representadas polas principais compañías galegas. Cada arquivo, de breve duración e dirixido a todos os públicos, busca crear unha harmonía perfecta entre o arte circense, a música e a natureza, poñendo en valor a creación artística galega e tamén os espazos de importancia patrimonial para usos alén do cotián.

Desde a natureza que rodea o Mosteiro de Carboeiro, en Silleda, Sue Moreno representa o seu número empregando as teas.

En Cabo de Udra (Bueu), a compañía Fredi busca facernos rir co seu número mestura de danza e clown.

Desde un lugar tan común como é unha pista polideportiva, neste caso a da Praia Banda do Río (Bueu), e co mar de fondo, a compañía Desastronauts amosa o seu espectáculo con cordas.

Na pista polideportiva da Praia Banda do Río (Bueu), Desastronauts cambia de técnica para pasarse ao trapecio.

Ante as espectaculares vistas do Miradoiro de Santo Adrián, en Malpica de Bergantiños, o dúo Circo Chosco interpreta o seu baile con acrobacias.

Desde Malpica de Bergantiños, as praias de Seiruga e Beo e mais o Faro de Punta Nariga son o escenario de Kote para facer malabares incluso con lume.

A arboreda do Mosteiro de Carboeiro (Silleda) recolle o espectáculo con trapecio da acróbata Sue Moreno.

Dende o Mosteiro de Carboeiro (Silleda), a compañía SU.MA representa o seu número mestura de acrobacias aéreas e clown.