Volver

#ACULTURASEGUE

O Monte das Aras. Ningures Producións

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Gravación da peza teatral O Monte das Aras, representada por Teatro de Ningures no Monte Facho (Cangas, Pontevedra), antigo lugar de culto céltico ao deus Berobreo. Trátase dunha obra dramática para todos os públicos que recrea a historia deste lugar máxico e a relación dos seus habitantes cos viaxeiros que chegaban de todas partes para ofrecerlle aras á divindade durante séculos. Co público asistente, seguimos os actores, que van percorrendo durante a representación este lugar máxico dotado de singularidade paisaxística.