Volver

#ACULTURASEGUE

REAL / VIRTUAL / VIRTUAL / REAL. Mauro Trastoy

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Publicación dixital multimedia que dá conta dun proxecto artístico xurdido a partir da experiencia do confinamento por mor da covid-19. Trátase dunha exposición en que se poden ver e se documentan unha serie de accións artísticas de distintos xéneros (pintura, escultura, debuxo, artesanía, vídeo, texto...), materiais (madeira, papel, corda, teas...) e procesos (plásticos e vivenciais) realizadas no domicilio do artista. A publicación é multilingüe, con versión en galego, castelán e inglés.